| sabela branco 的个人资料falando de bichos e flor...照片日志列表 | 帮助 |
|
|
falando de bichos e floresA españa que emigra, a españa que acolleEsta fin de semana sacamos algo de tempo para ir a ver unha exposición que non ten perda algunha "De la España que emigra, a la España que acoge". Como dí un amigo meu "máis de un e de dous terían que vir a vela".
Na expo, que estará ata o mes que ven no quiosko alfonso da coruña, relátanse as penurias que a xeración dos nosos avós (quen non ten un familiar na américa?) pasaron nas terras de acollida, fuxindo dunha España atrasada, ignorante, e totalitaria.
Hai que ver cómo cambiaron as cousas en pouco tempo! Tanto cambiaron que nos esquecemos daquelo, e agora renegamos dun penoso- pero digno- pasado, mentras miramos por enriba dos hombros -¡Con tanta Indignidade!- a aqueles que coma nós (pero máis cultos, máis preparados, máis conscientes) veñen en busca dunha vida mellor a unha terra sen memoria.
Esta exposición non está pensada para aqueles que o teñen todo claro, que mostran sen dúbidas solucións aos problemas da inmigración. Máis ben está pensada para xerar preguntas, para causar inquedanzas, para facernos reflexionar sobre un problema complexo, global, sistémico diría eu. Dende logo, sen fácil solución.
Dende aquí dou a noraboa á UXT e á Fundación Largo Caballero pola posta en marcha desta necesaria iniciativa, mentras recollo- en préstamo- uns versos de Pedro Garfias, que ben fan revolver o estómago, e as consciencias. Ahí quedan:
"España que perdimos, no nos pierdas,
guárdanos en tu frente derrumbada,
conserva en tu costado el hueco vivo,
de nuestra ausencia amarga,
que un día volveremos más veloces,
sobre la densa y poderosa espalda de este mar,
con los brazos ondeantes
y el latido del mar en la garganta". MENUDAS FESTAS ENTRE AMIGHOSBueno, xa está, xa pasaron estas festas navideñas, ou polo menos a metade delas.
A diferencia de outros anos, como este ano coincidiu en fin de semana, a verdade é que podo dicir que o pasei bastante ben. Moita juerga: saír todas as noites. Non ser persoa polas mañás. E esas tardes, café tras café, paseo tras paseo pola rúa barcelona coa mellor xente que coñezo: os amigos de toda a vida.
os amigos de toda a vida son aqueles que nos queren tal e como somos, aqueles cos que nos rimos e choramos a cachón, aqueles que te recordan os teus mellores momentos do instituto (si, Samuel, fumaba nos recreos); aqueles cos que un café rápido significa quedar ás 5 e marchar ás 10, despois de conseguir amoldar o duro asento de madeira ao noso cú, e que o dono da cafetería nos convide a pesar do pesados que somos (e de que imos chegando a goteiras, polo que ten que percorrer toda a cafetería unhas 10 veces ata que chega o último).
Son os amigos os que fan que estas datas totalmente consumistas -sen sentido algún nun país onde a xente xa non cree en nada máis que na maxia de ronaldinho, pero que lle encanta aquelo de non traballar-; estas datas que odiei toda a vida polo totalmente hipócrita que é a xente; en fin todo aquelo que xa sabedes; como dicía, son os amigos os que fan que saia das terroríficas festas de nadal cun algún quilo de máis, pero cun sorriso de orella a orella
Moitas grazas por estar ahi, aquí, en algures, ás veces en todas partes, e por facer das tardes de domingo unha razón para seguir conquistando a felicidade. Dende logo que o 2007 será o mellor ano das nosas vidas!.
EU DE MAIOR QUERO SER MESTRE INTERINORecoméndovos un artigo de El Pais sobre a "regularización" dos interinos na educación pública, que pensa facer o partido socialista, co total apoio do sindicato FETE-UGT, e que considero completamente vergonzoso. Cómo se nota que as bases e votantes de certo sector do partido está constituído por funcionarios (empezando polo propio goberno) e que, salvo Pablo Iglesias, aquí ninguén se preocupa por "aqueles que non teñen nen voz nen forza para facerse oir".
Pois nada, a base de decreto gañaranse eleccións, pero dende logo perdemos en dignidade. A próxima vez que escoite a algún alto dirixente do PSOE falar de que hai que dar oportunidades á mocidade, que somos a xeración máis preparada de España, etc; ou que hai que facer unha renovación do sistema educativo, etc. vaime dar a risa e non vou parar ata morrer.
Pero despois, aquí estamos, a facer un concurso- oposición abierto para todo o mundo (só faltaría, estamos a falar de educación pública, non?), pero no que a experiencia docente determinará o 40% da nota final (algo impensable nun proceso normal de oposición). E aínda máis, porque os interinos poderán eludir algún dos exercicios da oposición (nos que sí concorren en igualdade de oportunidades cos opositores), que será sustituido por un informe que firmarán as comunidades autónomas (que alguén nos explique isto, por favor). Lóxicamente, este último punto está sendo moi cuestionado por expertos constitucionalistas como Javier Pérez Royo, e polo sindicato C.C.O.O. (válgame Deus, co vendidos que son estes), que elaborou un informe xurídico negativo á “regulación”.
Pero como neste país o colectivo docente é moi forte, e os opositores están a estudar nas bibliotecas e non a mamonear nas consellerías e nos ministerios, pois así lles vai a ir. Porque neste país a capacidade para a ensinar e para xestionar un grupo conflitivo de rapaces só se mide polos anos nos que se exerce a docencia, e non polas aptitudes pedagóxicas dos docentes, polo que aquel principio deontolóxico que dí que o docente en vez de “amaestrar “ aos seus alumnos, debe participar e incentivar a construción colectiva do coñecemento, tan só existe no imaxinario colectivo dos que mercan algunha revista de ciencia ficción como "Cuadernos de Pedagogía"
En plena reconstrución dun espazo europeo do coñecemento, incentivamos a incorporación ao noso sistema educativo a persoas que se autorrecoñecen como “incapaces de aprobar unha oposición”, porque xa perderon o hábito de estudar. Poderemos pedirlles despois a estos docentes que renoven os seus coñecementos profesionais ano a ano, que busquen novos métodos de aprendizaxe, que participen en encontros, congresos, etc amosando as innovacións no seu propio proceso educativo e na experiencia persoal? Poderemos pedirlles, ao fin, que cambien a forma de ensinar dende hai 20 anos (ou máis), e que está incentivando (segundo os Informes PISA) que vaiamos no furgón de cola do sistema educativo europeo? Eu creo que non.
O máis alucinante de todo é que os beneficiados polo "decretazo" aínda non están satisfeitos (remítome ao artigo de El Pais), pois practicamente piden un aprobado xeral (e digo eu: porque non piden xa a prexubilación, porque por pidir....). Non dubido da capacidade docente destes profesores, igual que tamén nos debemos preguntar porqué non tiveron a oportunidade de optar no seu momento a unha praza no sistema público; pero dende logo si esixo que todos e todas neste país esteamos en igualdade de oportunidades para a concursar a unha praza na función pública, que por certo, é un principio constitucional. Porque senón, ao mellor, tamén temos que admitir esa norma non escrita en Galicia que di que os fillos e familiares directos dos funcionarios teñen capacidades maiores (xenéticas se entende) para aprobar unha oposición.
SOSPEITOSOS MUNICIPAISBoísimo o artigo de La Opinión deste domingo sobre os "sospeitosos" alcaldables da miña comarca, e sobre as causas pendentes que teñen coa xustiza a maioría dos alcaldes que se presentan á reelección a vindeira primavera.
Para comezar, La Opinión se atribúe o mérito de ser a causa pola que o mítico Paco Vázquez optase por deixar o municipalismo para facer socialismo no Vaticano (sempre lle gustaron as causas imposibles). A verdade sexa dita, aínda que os motivos da marcha non fosen as publicacións sobre a vida e obras (sobre todo obras propias) do alcalde no xornal coruñés, a cidadanía coruñesa estaba xa un pouco farta da falta de talante "socialista" dun alcalde tremendamente demagóxico, interesado, e con presuntos intereses espúreos en certas construcións (como a sua casa no parrote). Pero non o esquezamos, aínda que nos pese, foi elexido democráticamente nunhas urnas, e ningún xuíz (a diferencia de outros) o inhabilitara para o posto. Nembargante, de seguro que dende as altas esferas, Paco Vázquez aínda dará moito que falar.
Os segundos sospeitosos habituais aos que se refire o artigo de La Opinión, son os alcaldes de Oleiros e Arteixo, que "encabezan el ranking de denunciados por el fiscal, aunque el primero suma además denuncias de particulares, de partidos de la oposición y hasta expedientes de infracción abiertos por varios departamentos de la Xunta." Gelo é o único alcalde galego que volveu a saír elexido tras ser condenado a seis anos de inhabilitación por prevaricación (o cal di moito da "moralidade" dos veciños dese pobo. Xa se sabe, non xulges aos demais polo que non queres que te xulguen a ti). Imáxinome que agora que está imputado pola fiscalía por un delito de prevaricación, por un delito de negociacións prohibidas a funcionarios, por unha actividade lucrativa sospeitosa ("dende a sua chegada ao Concello conseguiu facerse con 3 casas e 13 fincas) e tráfico de influencias, Gelo será reelexido por maioría absoluta outra vez (agora goberna co apoio do BNG, que os seus cartos lle custa ao concello). Ademáis, Gelo está denunciado por desviar o cauce dun río que discurría por unha das súas fincas, por construir o seu chalé demasiado preto do mar, e por máis cousas. Respecto ao alcalde de Arteixo, Manuel Pose (PP), que tamén ten problemas con seu chalé, construido en zona verde e que tratou e de facer pasar por un picadeiro de cabalos, acumula tamén otras 4 denuncias urbanismo. A máis grave, unha concesión ilegal en Pastoriza dun edificio de viviendas -no que xa vive xente- e que terá que ser derribado. Como a xente de Arteixo é xente humilde, e de ben, teño esperanzas un cambio político nas vindeiras eleccións, porque ademáis a socialista Pilar Souto leva anos defendendo os intereses dos veciños por enriba dos intereses privados dun alcalde popular sospeitoso de facer as mellores festas do verán (que trae al Jurado, eh!) pero de esquecerse dos veciños os 11 meses seguintes (así se gañan as eleccións neste país). Non me quero esquecer de Moncho es mucho (xa o sabemos) o exalcalde do PP de Sada, agora alcalde por Partido Demócrata Sada Popular- (despois de que un concelleiro socialista fixera un tamayazo), ao que o TSXG lle anulou a urbanización "Porto Infanta", na que ía construír ilegalmente en terreo público: 469 viviendas, un hotel e un porto deportivo para facerlle competencia ao adefesio que construíron en Sanxenxo (perdón sangengo). Ademáis, Moncho quere facer historia como Franco a base de secar pantanos e humidales como os das Brañas.
Parece que o alcalde de Culleredo (Sacristán) é o único que non ten líos coa fiscalía, e é tamén de xustiza dicir que o da Coruña (Losada) e o de Cambre (Mouriño) tamén concorrerán ás eleccións municipais sen a longa sombra da xustiza sobre as súas cabezas, polo que benvidos sexan, e esperemos que nunca se aparten dese camiño, porque a sociedade nunha terá confianza na política se os nosos representantes seguen senso os "sospeitosos habituais" dunha política local que que máis se parece a Corrupción en Miami que a La Aldea del Arce. NORABOA IVÁN!
Esta fin de semana a Asamblea do Partido Socialista de Fene escolleu cun apoio do 91% dos militantes de Fene, a Iván Puentes como candidato (e espero futuro alcalde) á Alcaldía de Fene. Unanimidade Total. Tan só quero dende aqui fecilitalo non pola elección, senón pola súa traxectoria vital e política. Tan xoven coma min, Iván leva adicado ao PSdG moitos anos da súa vida, a Xuventudes, horas e horas do seu tempo de lecer, algo que os bos compañeiros sempre lle agradeceron e lle agradecemos. Recordounos Iván a pasada fin de semana, na súa despedida como Secretario de Organización de XSG, que "ser socialista non é desempeñar ningún cargo de responsabilidade, nin siquiera militar nunha ou outra organización, ser socialista é trazar un proxecto vital segundo o cal, esteamos onde esteamos, traballaremos tódolos días para transformar o mundo, para facelo máis xusto e máis libre." Estou completamente segura de que así o fará.
|
|||
|
|